O vindeiro 28 de Outubro volve o Festival Cartografía en Movemento  baixo o tema “coloreando a cidade” para encher as rúas de Lugo de cor e descubrir os espazos que habitamos a través das artes escénicas.

Está aberta a participación activa para todo o mundo: cada persoa, parella ou grupo elixe un espazo da cidade para facer a súa proposta escénica como froito dun diálogo con el, dunha experiencia co lugar. Non hai limitación no tipo de linguaxe a utilizar dentro das artes escénicas, dende a danza e o teatro á lectura poética ou á intervención plástica.

Calquer lugar é válido, dos centros ás periferias. A idea é que os espacios da cidade emerxan e sexan interrogados a través da danza, do teatro, da poesía,… e que a xente poda ser sorprendida e percorrer a cidade cun mapa na man, cun mapa en movemento. Todo o mundo é benvido, amateur, profesional, transeunte…, así que non o penses e anímate a cartografiar a cidade e darlle cor co teu corpo. A duración das obras deberá ter un máximo de 15 minutos.

A participación en Cartografía en Movemento non ten ningunha retribución económica. Para as persoas que se acheguen de fora de Lugo, ofreceráselles un máximo de 50€ para desprazamento e todos os participantes estarán convidados a unha cea fin de festa.

A data límite de recepción de propostas é o 15 de Outubro. No caso de que as recibidas superen o número posible programable, acotaranse segundo orde de inscrición. Envia o teu proxecto contactándo a través do e-mail da asociación: info3monos@gmail.com

Web oficial

O Festival Cartografía en Movemento  está organizado pola asociación «3monos», una asociación creada por un grupo de artistas  para a promoción das artes escénicas na cidade de Lugo. Os integrantes deste equipo pertencen a distintos grupos de danza, teatro e performance. Cartografía en movemento é un festival autoxestionado que se celebra nas rúas da cidade de Lugo dende 2012 e que para medra e mellorar agradece o apoio e a aportación de todos: teñen un  bote aberto… colabora!

Artículo: Marcos López Comparte – comparte – comparte el enlace o cita a Viva Lugo comparte comparte comparte arte