17/10/17 A USC ven de ampliar o prazo de inscrición nos cursos de iniciación á arte dramática e de teatro para o ensino e a nova data final para facelo é o 25 de outubro.

Obradoiro de iniciación ao teatro

Obxectivos:

  • Explorar as potencialidades expresivas do teatro, a través do traballo co corpo e a voz.
  • Crear materiais dramáticos, partindo das experiencias e os intereses dos participantes.
  • Facer postas en escena sinxelas, tomando como base os materiais creados.
  • Favorecer a afección polo teatro, a través do coñecemento da súa linguae e forma expresiva propia.



Fuente: imagen libre, unsplash



Contidos:
  • Adestramento básico do actor.
  • Traballo de presenza escénica.
  • A anatomía da voz.
  • Creación e procura de materiais.
  • Traballo de investigación e documentación.
  • O grupo. A escoita, a concentración.

Data: do 18 outubro ao 28 de marzo
Horarios: Mércores de 20:00 a 22:30
Prezos comunidade universitaria: 80 euros / Taxa xeral: 120 euros
Lugar : Aula de Teatro e Danza sita na Facultade de Veterinaria
Prazas: 20 (30% non universitarias)

 
 ‘Teatro para enriquecer o ensino: Curso de interpretación para profesores’
 

Obxectivo: dar a coñecer ferramentas de traballo que permitan facer un ensino enriquecedor dentro do ámbito teatral.
Contidos:

  • Coñecementos fundamentais da historia do teatro
  • Iniciación á relaxación e control do corpo, o aparato fonador
  • Desbloqueo físico e psíquico
  • Dramatización: elementos desencadeantes
  • Construción do personaxe
  • Improvisacións: O conflito
    Fuente: imagen libre, unsplash

Data: do 19 outubro ao 28 de decembro
Horarios: xoves de 16:00h a 18:00h
Prazas: 15 (30% non universitarias)
Horas: 20 horas
Prezos comunidade universitaria: 60 euros / Taxa xeral: 90 euros
Lugar : Aula de Cultura
Relator: Teatro do Miolo

 
Tamén quedan prazas libres no monográfico «Escoitando-escoitarte» Encontros para a creación a partir do silencio e a escoita.
Para crear buscamos no noso interior, mergullámonos na memoria, nadamos polas emocións e abrímonos ao xogo. Escoitamos o noso latexar e dende ese ritmo andamos para encontrarnos co latexar das outras persoas e establecer un diálogo.
O silencio e a escoita, ferramentas principais no desenvolvemento de todas as artes son o punto de partida destes encontros coa nosa capacidade creadora.
Dirixido a xente da escena e xente que queira encontrar o seu potencial creador.
Horarios: domingos de 12:00 a 15:00
Data: 22 e 29 de outubro, 5 de novembro
Prezos comunidade universitaria: 45 euros / Taxa xeral: 70 euros
Relator: Jose Campanari
Prazas: 15 (30% non universitarias)
 

As persoas interesadas en participar en calquera da actividades teatrais ofertadas pola Aula de Teatro da USC no Campus Terra poden obter información máis detallada no espacio web da USC: Aula de Teatro

TAMÉN EN VIVA LUGO:
Aberta a inscrición nas «X Xornadas de Literatura Oral: Palabras con Memoria» que se celebrarán en Lugo