XAN 2017 A XVIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo, organizada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, arrincou este xoves, 1 de febreiro, con La Comedia de las Mentiras. O Auditorio Municipal Gustavo Freire foi testemuña da obra de Plauto, que serve para confeccionar unha divertida historia de enredo, dirixida por Pep Antón Gómez, e que protagonizan actores da talla de Pepón Nieto, María Barranco, Canco Rodríguez, Paco Tous e Angy Fernández.

Esta mostra continuará o domingo, 4 de febreiro, tamén ás 20:30 horas, con La Judía de Toleo, de Lope de Vega, coa Compañía Nacional de Teatro Clásico en coprodución con Micomicón Teatro e A Priori Gestión Cultural. Trátase dun drama político onde os homes de poder compórtanse de maneira recoñecible en moitas actitudes que podemos ver hoxe. Este texto encerra moitas preguntas que á compañía lle gustaría que quedaran no ambiente cando o espectador saia do teatro. Hai neste texto espléndido un espectáculo cheo de lecturas complexas, momentos desconcertantes, deslumbrantes de beleza, inquietantes.

As entradas se poden adquirir na web www.entradaslugo.es ata tres horas antes da función, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo da representación. O prezo é de 10 euros na zona A e 8 euros na B, cun desconto do 20% para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e integrantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O bono custa 35 euros e está dispoñible ata o martes, 30 de xaneiro.

VER PROGRAMACIÓN COMPLETA DA MOSTRA DE TEATRO CLÁSICO