OCT 2017 Despois de recibir numerosas propostas, a organización do Festival de Artes Escénicas da nosa cidade, ven de pechar a programación, e este ano 2017 teremos nada máis e nada menos que 4 días de «Cartografía en movemento«:
12:00 Moveste? Lugar: Comezo da rúa da Raiña
12:30 Das súas mans Lugar: Praza traseira do vello cárcere de Lugo
Artistas: Eva Valle e Javier Seral
13:00 Soños? Lugar: Praza Sta. María Artistas: Grupo teatro Down Lugo
13:45 Trenza Lugar: Rúa da Tinería,26
16:30 Cara A – Cara B Lugar: R. Poeta Noriega Varela
17:15 Yo espejo Lugar:Mirador do parque de Rosalía
17:45 Interludio Lugar: Parque de Rosalía
De inter, entre, e ludere, xogo ou práctica, a palabra Interludio remítenos á idea de xogar no medio, ou xogar a ratos; a abrir, onde quer que sexa, un espazo de xogo. E que entendemos nós, como xogo? A folla que se prende no vestido. O abalo das herbas que agroman nunha esquina da rúa. A última luz no alto dun edificio. Todo iso que se move cando paramos un pouco, coma o poeta: “Quédate quieto y observa cómo se mueve el mundo”.
18:30 A profecía Lugar: Praza da Constitución, Lugo
19:00 In mapa son Lugar: Arco da muralla da praza de Campo Castelo
19:30 Clase aberta de swing Lugar: Praza Maior
O Festival Cartografía en Movemento está organizado pola asociación «3monos», una asociación creada por un grupo de artistas para a promoción das artes escénicas na cidade de Lugo. Os integrantes deste equipo pertencen a distintos grupos de danza, teatro e performance. Cartografía en movemento é un festival autoxestionado que se celebra nas rúas da cidade de Lugo dende 2012