FEB 2018 Facemos incursións de guerrilla pola rede e copiamosepegamos o que máis nos chama a atención do que di a xente sobre este documental:

» …documental que trae ao presente a historia silenciada e enterrada dos miles de escravos negros que foron vendidos en prazas españolas… rescata do esquecemento a historia da escravitude africana na Península Ibérica, resaltando o protagonismo que, xunto a outros colectivos marxinais, tiveron na nosa historia e a nosa cultura… deixa claro, con evidencias moi fortes, a proximidade do flamenco e a cultura negro-africana…»

 

«A escravitude foi a gran impulsora do capitalismo español e de moitas grandes fortunas no noso país, que aínda hoxe teñen moito poder económico e ás que non lles interesa que se visibilice a historia que propulsó esa riqueza»

«Gurumbé, canciones de tu memoria negra» fixo un cheo completo na Cineteca de Madrid durante seis días e agora temos a oportunidade de disfrutala en Lugo este sábado 17/02 nun pase que tamén terá charla con Manuel Iván Castro Freire presidente da FOJA en Galicia e do movemento panafricanista en Galicia, e a quen lle apeteza – previa inscrición – cea vegana africana.

«Gurumbé, canciones de tu memoria negra» 72 minutos.
Sábado 17/02
20:00 horas
Lugar: Ateneo Libertario Engranaxe Rúa Río Sil N°52