Durante a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo non só vese o cine, tamén leése. Este 2017 presentase o libro «Cine Mondoñedo», homenaxe ao lucense Victoriano López García, «Goya de Honor» da Academia do Cine de España 1990.

Tiramos de biblioteca para facer este artigo, retroceder no tempo e abraiarnos coa publicidade das películas nos nosos cines, e escribo «nosos» porque un tiña (e ten) esa sensación e non como nos cines de agora: o noso cine Paz, o noso cine Kursal, o noso Gran Teatro.

Sen caer na nostalxia aquí van … carteles, anuncios en prensa e programas de películas en cines míticos de Lugo. No pe de cada imaxe cousas que nos chamaron a atención e info de interese:

«…modelo de buen gusto… la maravilla del siglo … La recaudación integra de la primera función, será entregada al Excmo. señor gobernador para fines patrióticos»
CINE ESPAÑA: esquina Rúa do Progreso – Rúa Nóreas – Inaugurado o 21 de novembro de 1936
(iba chamarse Xolda pero as autoridades franquistas impuxeron «España» por ser máis patriota.

GRAN TEATRO – Rúa do Teatro –  Inauguración: 17 de maio de 1940
«Gigantesco estreno…espectacular … triunfalmente ….
incomparable belleza, maravilloso colorido y melodiosa música» CENTRAL CINEMA: Rúa Xoán Montes – Inauguración: 1941. A prensa local relata: «… hacemos destacar que las butacas son cómodas y los pasillos amplios,
 con agrado señalamos que se deben a la industria local, ya que fueron construidos en el taller Cabreiros
al igual que la instalación eléctrica por los lucenses del bazar Los Chicos

¡¡¡¡UN FILM OPTIMISTA!!!!!

«…llena de aciertos por su presentación, argumento e interpretación»

«… que se honra a sí mismo… ese número de tfno.: 3297»
CINE PAZ: Rúa García Abad –  Inauguración. 1 de febreiro de 1957 – «… a ausencia de xeral e localidades máis caras que no restos das salas contribuiron a configura-lo Paz como un cine para a xente ben da cidade»

«… de la tragedia de los que esperaban (¿?) … 3 pesetas»
«… o Victoria era o cine por excelencia das capas populares, e as colas que se formaban diante das respectivas taquillas – Victoria / Paz – evidenciaban a estratificación social existente en Lugo.

«La actriz es bella antes que actriz … Keaton no… Pamplinas (¿?)»

Típico programa do «Valle Inclán»

Clica nas imaxes se as queres ver máis grandes.
Comparte citando a fonte.
Fontes do artigo e das imaxes:
«O cine en Lugo 1897 – 1977 » Fernando Arribas Arias – Ed. Xerais
Rodado en Lugo – Manuel Curiel Fernández
«Un Lugo de cine» Manuel Curiel Fernández