OCT 2017 Este martes 17 e o próximo 24 de outubro temos cita cinéfila no Salón de Actos da Casa do Saber grazas ó Clube Cultural Valle Inclán e as sus «Sesións de Filmoteca». Entrada de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público, 1€.

Correspondências (7.3/10 en Filmaffinity)
Día 17 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado Lugo)

Director e guión: Rita Azevedo Gomes País:  Portugal Ano: 2016
Xénero: Drama. Documental
Duración: 145 minutos
Dirección de Fotografía: Acácio de Almeida, Jorge Quintela
Música: Alexander Zekke

Intérpretes: Eva Truffaut, Pierre Léon, Rita Durão, Anna Leppänen, Luís Miguel Cintra
SINOPSE:
Bordeando a liña que separa documental e ficción, a cineasta portuguesa segue a Jorge de Sena, quen foi obrigado a abandonar o seu país. Primeiro emigrou a Brasil, e máis tarde a Estados Unidos. Xamais volveu a Portugal durante un exilio de 20 anos, mantendo nese tempo unha epistolar correspondencia con Sophia de Mello Breyner Andersen. Esas cartas son o testemuño da profunda amizade entre dous poetas, cartas de anhelo e desexo para «encher anos de distancia con horas de conversación». Así, a través de extractos e versos, establécese un diálogo revelando opinións diverxentes do mesmo xeito que un lazo firme, así como os esforzos por preservalo ata o seu último alento.
VOSE

PREMIOS: 2016: Festival de Locarno: Competición Internacional.

Dead Slow Ahead  (6.7/10 en Filmaffinity)
Día 24 de Outubro. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber

Director: Mauro Herce País: España Ano: 2015
Xénero: Documental | Cinema experimental
Duración: 74 minutos
Produción: Nanouk Films / A Viaxe Films / Televisió de Catalunya (TV3)
Guión: Mauro Herce, Manuel Muñoz
Dirección de Fotografía:  Mauro Herce

Intérpretes: Documentary, Nicanor Abella, July Sawal, Niko Banderado, Alejandro Bautista
SINOPSE:
Retrato do cargueiro Fair Lady, de tripulación na súa maioría filipina. O barco, entre as conversacións alienadas con terra firme, convértese nun escenario fantasmal no que Alien podería asomar en calquera esquina. Unha voltaxe sensorial que carga as tintas do suspense con visión apocalíptica deste anaco de humanidade á deriva por augas internacionais.
VOSE

PREMIOS: 2016: Premios Feroz: Premio Especial ao mellor documental. 2015: Festival de Locarno: Premio Especial do Xurado (Cineasti do presente). 2015: Festival de Sevilla: Mención especial.

O Clube Cultural Valle-Inclán vén programando cine desde o 4 de marzo de 1966 na procura de:

  • Valorar o Cine como forma de expresión artística
  • Fomentar e difundir a cultura cinematográfica.
  • Seleccionar e divulgar a filmografía na que os valores artísticos, culturais e sociais primen sobre o feito comercial.
  • Proxectar filmes atendendo á variedade, desde os clásicos ás máis novas tendencias, inéditos na carteleira local.
  • Planificar ciclos de nacionalidades diversas que nos acheguen a outras culturas.
  • Informar a través de fichas, folletos e follas de sala para apoiar o significado e valor das exhibicións.
  • Programar actividades que complementen as proxeccións (conferencias, debates, “leccións de cine”…).

TAMBIÉN EN VIVA LUGO:
Estreno mundial del cortometraje lucense «Amanece Despejado» en el FKM