24/09 Sen preámbulos:

O Palmarés da 39 SICA Lugo é:

Premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial
BAJO LA ROSA

España, 2017 – Thriller. Intriga. Drama
Director, guión e fotografía: Josué Ramos 
Reparto: Pedro Casablanc,  Ramiro Blas,  Elisabet Gelabert,  Zack Gómez,  Piero Olmedo,  Carles Moreu,  Miriam Raya,  Miquel Insua,  Ignacio Fernández, 
Productora: JRS Films
Sinopsis: Sara, a filla pequena de Oliver e Julia, desaparece. Os días pasan sen noticias da nena, ata que una mañá a familia recibe unha carta de alguén que di ter retida a Sara e que so quere una cousa: ir falar con eles esa mesma noite.
Facebook
Ver tráiler

Premio do  Xurado á Mellor Película Documental
LORDEMANI

España, 2016
Director/a:  Brais Revaldería.
Productora: Cinexin Estudios

O documental recrea as romarías vikingas de Catoira e da vila danesa de Frederikssund

Ver trailer

Web oficial
Facebook

Premio do Xurado á Mellor Película Galega
ESQUECE MONELOS

Galicia, 2016 Director/a:  Ángeles Huerta. Producida por Danga Danga Audiovisuais
Sinopsis: O documental válese da desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre como se perde a memoria dos lugares e das súas xentes. Un percorrido polo río que propicia unha viaxe pola vida mesma de quen conta a historia. Un retrato colectivo que fala dos medos e inquedanzas que acompañan o avance inexorable do tempo
Ver trailer
Web oficial
Facebook

Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe galega
EINSTEIN-ROSEN

España, 2016 – 9 minutos
Director/a: Olga Osorio
Sinopsis: Verán do 82. Teo asegura que encontrou un buraco de verme. O seu irmán Óscar non o cre … Polo menos de momento.
Ver trailer

Facebook
Web oficial – Olga Osorio –

Premio do Público á Mellor Curtametraxe
CAMPEÓN

España, 2016. 15 minutos.
Director: Hugo de la Riva.
11 de xullo de 2010. Nun par de horas, a Selección Española de Fútbol enfrontarase en Johannesburgo á de Holanda, na final do Mundial organizado pola FIFA. O país enteiro parece concentrado na posibilidade de que España se coroe, por primeira vez, campioa do mundo. Fran (Alberto Amarilla), Soto e Tejera achéganse a un bar do seu pobo, na Mancha, para gozar do partido, duns viños e do ambiente festivo creado ao redor. Porén, cando todo parece preparado para que comece a final, Fran recibe unha chamada que podería facer que a tarde dera unha volta. Debido a ela, Fran podería perder o partido, perder incluso aos seus amigos e, en última instancia, perder algo cun valor máis elevado que ambas cousas.

Facebook

Mención Especial  ás películas:

  • HERMETISMOS (Galicia, 2017)-Antonio Lence 
  • ZARATTUSTRA AINDA FALA (Brasil, 2016)-Fernández Machado
  • UNA LUCHA CONTRA EL TIEMPO (España, 2016)-Pepo Madruga
  • SHOOTS FROM ABYSSINIA (Galicia, 2012)-Ovidio Fernández
  • HISTORIAS DE UN VIEJO CAMIONERO (Galicia, 2017)-Fernando Fernández
  • HASTA QUE LLEGÓ SU HORA (España, 2016)-Javier Silvestre Sáez
  • LOS TOMATES DE CARMELO (Brasil-Canadá, 2016)-Danilo Caracho
  • MATRYOSHKA (España, 2016)-Fran Kapilla
  • UNA FAMILIA DE VERDAD (España, 2016)-Isabel Medrano Pérez
  • ORGULLO NACIONAL (España, 2016)-Víctor Ruiz Junquera
  • 17 AÑOS JUNTOS (España, 2016)-Javier Fesser
  • LA MADRINA (España, 2017)-Pedro Sancho

Os máis de 1.000 espectadores que asistiron ás  proxeccións da Sección Oficial, puideron dar o seu voto a cada unha das películas a concurso exhibidas (puntuación de 0 a 3), sendo por esta orde as preferidas do público lucense:

BAJO LA ROSA (2,258)
A FORESTA DAS ALMAS PERDIDAS (1,967)
ZOE (1,718)
ENCADENADOS (1,696
LLUEVEN VACAS (1,678)
DIAS Y NOCHES EN EL AREA (1,531)
Fonte: Organización da SICA, Grupo Fonmiñá

TAMÉN EN VIVA LUGO: