domingo, julio 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

10+1 Aniversario da Noite Poética

26 de octubre, 2021 - 21:30

«Once anos pasaron xa desde aquela primeira Noite Poética. Foron nove anos e medio de noites, xa que nos roubaron ano e medio de vida real, ano e medio sen esa dose mensual imprescindible de música, forza e levidade, poesía e teatro que é a Noite Poética.

Mais aquí seguimos, inaccesibles ao desalento. Cumprindo nada máis e nada menos que 11 anos. Semella unha nova de El mundo today ou de Cuarto milenio: “Un evento chamado Noite Poética cumple once anos celebrándose os derradeiros martes de mes ás 21.30 en Lugo.”

Desta volta podemos ser ata 30 persoas. Se queres asistir, podes contactar connosco a través da páxina de Vagalume ou achegarte e probar sorte, pois aínda fican 10 prazas libres. Lembra: o vindeiro martes 26 de outubro ás 21.30 no Vagalume.»

Detalles

Fecha:
26 de octubre, 2021
Hora:
21:30
Categoría del Evento:

Local

Vagalume Centro Socio-Cultural Aberto
Rúa Nóreas, Nº5
Lugo,
Web:
https://www.facebook.com/Vagalume-CS-CA-153974898000046/
X