miércoles, septiembre 28, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

12ª edición de XiraKarting

22 de junio, 2018 - 24 de junio, 2018

Lugar: Praza de Augas Férreas.

Xirakarting é unha actividade dirixida tanto ás e aos máis cativos como a adultos, que pretende achegar, a través de circuítos urbanos de karts, o mundo do motor ás familias de xeito económico.

Este evento arrincará o venres 22 e continuará o sábado 23 e o domingo 24 de xuño, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas. Logo desprazarase a Coruña, Vigo e As Pontes. A entrada de adulto custa 15 euros e a dos cativos, 10 euros, con mangas de 7 minutos. Pódense conseguir descontos nas redes sociais oficiais de Xirakarting e invitacións e vales en Gadis. Ademais existen promocións para familias, mozos, grupos e para conductoras.

Esta duodécima edición volve incluír probas puntuales para a competición dos máis pequenos, de 4 a 7 anos, a denominada Rockies Cup, co obxectivo de xerar canteira de pilotos en Galicia. Para o mellor participante, haberá unha beca. Ademais de circuítos de karts, neste evento haberá outras alternativas de lecer como hinchables. Tamén se realizarán xornadas de portas abertas con formación impartida por Ernesto Vázquez, instructor de One Seven Racing, na escola CKarting, de forma gratuíta, para os nenos e nenas de 4 a 7 anos, o domingo de 12:00 a 16:00 horas

Máis información na web www.xirakarting.com e nas redes sociais desta cita.

Detalles

Comienza:
22 de junio, 2018
Finaliza:
24 de junio, 2018
Categoría del Evento:
X