domingo, julio 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

130ª Masa Crítica Lugo (Outubro 2018)

25 de octubre, 2018 - 20:00

Saída da Pza Maior, frente ao Concello

Como todos os últimos xoves de mes dende hai máis de 10 anos, o vindeiro día 25 celebrarase en Lugo unha nova edición da Masa Crítica (a Masa Crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación) á que están convocad@s tod@ @s ciclousuari@s que o desexen.

Nun ambiente de festa e diversión seguiremos a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade.

Queremos lembrar que o Reglamento General de Circulación recolle coma obrigatorio o uso do casco na cidade para os menores de 16 anos. Tamén son obrigatorios o timbre, e ,cando se circula de noite, luz dianteira e traseira.

MASA CRÍTICA DE LUGO
* Emprega a bici todos os días, celébrao unha vez ao mes!
* As bicis non obstaculizámo-lo tráfico, somos tráfico!
* Participa, xunt@s facemos a Masa Crítica en Lugo!

Detalles

Fecha:
25 de octubre, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:
X