
- Este evento ha pasado.
165ª Edición da Masa Crítica Lucense
27 de enero - 20:30

165ª Edición da Masa Crítica Lucense
«Como tódolos últimos xoves de mes dende hai xa 13 anos, celebramos en Lugo unha nova edición da Masa Crítica.
A Masa Crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación ó que están convocad@s tód@l@s ciclousuari@s.
Nun ambiente de festa e diversión seguiremos a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade.
Queremos lembrar que o Reglamento General de Circulación recolle coma obrigatorio o uso do casco na cidade para os menores de 16 anos. Tamén son obrigatorios o timbre, e ,cando se circula de noite, luz dianteira e traseira.
MASA CRÍTICA DE LUGO
* Emprega a bici todos os días, celébrao unha vez ao mes!
* As bicis non obstaculizámo-lo tráfico, somos tráfico!
* Participa, xunt@s facemos a Masa Crítica en Lugo!»