25-N – Lectura(s) contra a(s) violencia(s)
Por mor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Club de lectura En-clave feminista organiza unha actividade para reivindicar a non violencia.
Trátase dun encontro aberto ao público xeral no que se lerán e debatirán diferentes textos arredor desta data.
As persoas interesadas en participar deberán seleccionar un ou varios escritos (artigos, manifestos, poemas…) e traer unha copia para realizar unha dinámica conxunta.
Cómpre que as escolmas (sexan textos propios ou non) leven a correspondente autoría.
O Vello Cárcere
Horario: 12:00 a 13:00
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte