
- Este evento ha pasado.
2ª EDICIÓN DO TERRA CREATIVE JAM- REINVENTA O RURAL
22 de octubre - 23 de octubre

2ª EDICIÓN DO TERRA CREATIVE JAM- REINVENTA O RURAL
O Terra Creative Jam é un evento creativo e de innovación para a xeración de ideas. Durante dous días estudantes e titulados/as da USC (Lugo e Santiago) participarán en diferentes obradoiros, resolverán desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos e achegarán solucións para “reinventar o rural”.
O evento que terá lugar o 22 e 23 de outubro na Residencia Universitaria Xosé Bal e Gay do Campus de Lugo, tocará varias temáticas: economía verde, produción eficiente e sostible; educación inclusiva e de igualdade; emprendemento dixital e uso das TIC´S no rural; industrias creativas e sector audiovisual; alimentación e vida saudable e a búsqueda do benestar animal e mellora dos ecosistemas. As ideas, productos e servizos que se desenvolvan deberán estar ligados a temática do evento.
Os participantes (sós ou en equipo) poderán disfrutar dunha primeira xornada de ideación, con xogos de creación de ideas e proxectos sostibles, formación con workshops específicos, prototipaxe con maquinas 3D, gamificación, drons, realidade virtual e actividades deportivas con caiac no río e escalada no rocódromo. A segunda xornada consistirá nun Hackaton onde por equipos traballarán no seu prototipo para crear a súa solución e expoñela ao xurado.
Os tres mellores prototipos de proxecto terán unha praza para todo equipo na Residencia formativa LOF TALENT e no Programa de emprendemento EXPLORER USC. Ademais, cada un dos membros do equipo gañador, recibirán premios como cámaras tipo GoPro, impresoras 3D-mini e tablets, entre outros.
Este evento está promovido polo Campus Terra a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) en colaboración coa a incubadora Lug Open Factory.
Esta actividade é totalmente gratuíta e tendrá o recoñecemento 1 crédito ECTS. Facilitaráselles aos asistentes, desprazamento, aloxamento e mantenza durante os dous días que dura a Terra Creative Jam.
Aberto prazo de inscrición ata o 21.10.22 ás 14.00h. Prazas limitadas. INSCRICIÓN
Consulta o programa completo en: https://terracreativejam.com/programa/
Toda a información en: https://terracreativejam.com/