miércoles, junio 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actividades de Samaín en O Vello Cárcere

27 de octubre, 2021 - 31 de octubre, 2021

Actividades do Samaín 2021 en Lugo

O Vello Cárcere contará con 4 actividades para nenas e nenos que comezarán este mércores, 27 de outubro, con dous obradoiros baixo o título «Co gallo do Samaín». A actividade terá lugar entre as 17:30 e as 18:30 e estará dividida en dous grupos de idade, de 3 a 6 anos e de 7 a 12 anos. Cada un dos grupos poderá acoller a 10 nenas e nenos.

O sábado 30, o Vello Cárcere acollerá os «Contacontos Miúdos: Violeta quere ser vampiro», que contará con dous pases, de 11:30 a 12:30 e de 18:00 a 19:00. No pase da mañá a actividade estará orientada a nenas e nenos de 3 a 5 anos, e pola tarde, para nenas e nenos de 6 a 8. Cada un dos contacontos poderá acoller a 10 participantes.

As actividades no Vello Cárcere rematarán o domingo 31, cos «Obradoiros Xeitosos do Samaín», de 11:30 a 13:00, orientados a nenas e nenos de 3 a 8 anos, e cunha cabida de 10 persoas.

INSCRICIÓN GRATUÍTA O VELLO CÁRCERE: 982 297 195

Detalles

Comienza:
27 de octubre, 2021
Finaliza:
31 de octubre, 2021
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X