lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actividades de Samaín Xuventude Activa

28 de octubre, 2021 - 31 de octubre, 2021

Actividades de Samaín Xuventude Activa

Organiza: área Xuventude Concello de Lugo

Así, a programación para este Samaín 2021 comezará o xoves, 28 de outubro, ás 18.00 horas cun Show Cooking sobre Postres Terroríficos, no que o chef lucense, Álvaro Villasante, responsable do restaurante Paprika, realizará unha demostración culinaria na Casa da Xuventude empregando produtos típicos do outono aos que dará formas ‘aterradoras’ ao tempo que saborosas.

Tamén dende o xoves e até o mesmo domingo, as instalacións municipais de San Finz acollerán o Scape Room «XCAPATE» que inclúe 25 retos a resolver para liberarse da «maldición da Santa Compaña». As persoas participantes deberán superar unha serie de xogos para saír, no tempo máximo dunha hora, dunha Casa da Xuventude encantada.

Para o axeitado desenvolvemento desta actividade, indicada para maiores de 18 anos, establecéronse grupos de seis integrantes coa finalidade de cumprir cos protocolos contra a Covid-19, dentro dos que se inclúe a desinfección da sala tras cada pase. Haberá catro sesións:

Sesión 28 de outubro: de 18.00 a 21.00 horas.

Sesión 29 de outubro: de 16.00 a 21.00 horas.

Sesión 30 de outubro:: de 10.00 a 13.30 y de 17.00 a 21.00 horas.

Sesión 31 de outubro: de 10.00 a 13.30 y de 17.00 a 21.00 horas.

E finalmente, para o sábado día 30, a área de Xuventude organizará un Samaín na Rúa. Quiroga Ballesteros será, dende as 17.30 e até as 21.30 horas, o escenario elexido para un concurso de tallado, baleirado e decorado de cabazas, xogos típicos de Samaín como carreiras de cabazas ou bonecos, tres en raia, tiro da corda, etc.

Unha intensa xornada que concluirá cun Desfile de Ánimas, no que colaboran as asociacións de recreación histórica Clan de Breogán, Trebas Galaicas, Mercenarios Galaicos e Lugdunum, percorrendo parte do Casco Histórico e da Muralla para, a continuación, rematar co conxuro purificador do Druída. Será o punto e final a este Samaín de 2021 no que, dende a área de Xuventude, convidamos a participar e, sobre todo a gozar, non só aos máis cativos senón tamén a toda a cidadanía lucense”, concluíu o concelleiro Mauricio Repetto 

Todas as inscricións poden facerse a través do seguinte enderezo de correo electrónico: http://formulario.xuventudelugo.gal/

Detalles

Comienza:
28 de octubre, 2021
Finaliza:
31 de octubre, 2021
Categoría del Evento:
X