domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actividades en Lugo polo Día de Europa

9 de mayo, 2021 - 11:00

Actividades en Lugo polo Día de Europa

O Concello de Lugo, a través de Europe-Direct Lugo, o centro de información europea da entidade local, celebrará o vindeiro domingo, 9 de maio, o Día de Europa cunha ampla programación de actividades para todos os públicos na Pza Maior

Programación

Sesión DJ
O gran DJ lucense Marcos Peón, de recoñecido prestixio en multitude de salas do noso país e de Europa, será o encargado de deleitarnos cunha variada selección musical e de facernos bailar durante esta mañá tan especial.

Exhibición de baile
Unha gran exhibición de diferentes bailes e coreografías a cargo dunha escola lucense que nos deixarán sorprendidos cos pasos, piruetas, sincronización e bo facer dos seus alumnos/ as.

Concerto
Foolmakers, grupo de jazz moi tolo formado por Carlos Doval xunto a catro psiquiatras lucenses.

Instalarase un circuito de bicicletas eléctricos no lateral da Praza que farán as delicias dos asistentes á vez que transmitirán unha mensaxe dunha Europa Verde e sostible.

Entre as actividades tamén esta contemplada unha especialmente dedicada aos nenos e nenas de Lugo, con talleres lúdicos de máscaras de reciclaxe inspiradas na fauna europea. Ademais creción dun mural no que os nenos/ as aprenderán a xeografía dos diferentes países europeos, lugares emblemáticos dos mesmos e diferentes linguas.

Sorteo de agasallos, dinamizado por un/a animador/a, no cal poderán participar todos os asistentes a esta celebración con motivo do Día de Europa.

Detalles

Fecha:
9 de mayo, 2021
Hora:
11:00
Categoría del Evento:
X