
- Este evento ha pasado.
Actividades en Lugo polo Día Europeo sen Coches
22 de septiembre, 2019

Actividades en Lugo polo Día Europeo sen Coches
- bus urbano gratuito
- a Mosqueira estará cortada ao tráfico usándose a praza para realizar actividades para as nenas e nenos a cargo do Club Ciclista Cidade de Lugo, para as que será necesario traer bicicleta e casco, a partir das 11:30
- 13:00 sesión vermún en A Mosqueira: o grupo lucense Wicked World renderá tributo aos grupos de rock da década dos 70, 80 e 90
Promove: área de Mobilidade Concello de Lugo
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sinalou que “é unha oportunidade para desfrutar dun Lugo onde non se precise ter a muralla rodeada por vehículos”, e engadiu que “o recinto interior da Muralla é a zona monumental máis importante da cidade de Lugo e a día de hoxe conta con un valiosos elementos distinguidos como Patrimonio da Humanidade” e por iso “temos a responsabilidade de traballar para que a cidade e o seu casco histórico, ademais de ser un atractivo turístico, continúe sendo un espazo habitado no que lucenses e visitantes conflúan”.
Foto: Gab. Comunicación Concello