sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actividades para celebrar o XVIII Aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade

29 de noviembre, 2018 - 18:00

XOVES, 29 de novembro
18:00 no soto da Praza de Abastos: Representantes da Asociación Lucense de Pastelerías e Confiterías (Confiteria Mallorca, Pasteleria Confiteria Martin, Mimos, Ramón e Pasteleria Yomar) elaborarán unha gran torta conmemorativa, dunhas 4.000 racións. As persoas que queiran asistir depositarán 0,20€ por cada ración, que se destinarán ao Banco de alimentos de Lugo. Entre tanto haberá música en directo.

VENRES, 30 de novembro:
12:00 Acto institucional diante da Mosqueira.

17:00 Exhibición de zumba polo adarve da Muralla, a cargo de Jesús Illán e Noemí Cerviño. Actividade aberta ao público.

17:30 Inauguración da exposición de fotografías da Muralla de Pepe Álvez no Vello Cárcere.

20.30 Seis corais porán banda sonora ao XVIII Aniversario da Muralla como Ben Mundial. A Coral Ecos do Miño Aestelu estará na Porta de Bispo Aguirre, o Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, na Porta de San Pedro, o Orfeón Lucense, na Porta Falsa, a Schola Gregoriana Lucensis na Porta Nova, a Coral Xolda en Porta Miñá e o Orfeón Xoán Montes na Porta de Santiago.

22.00 Solta de faroliños desde o adarve da Muralla. Recolle o teu farolillo nas distintas escaleiras, na rampla e no ascensor de acceso á Muralla.

SÁBADO, 1 de decembro:

20:00 h Concerto ANDREA POUSA no patio do Vello Cárcere. Acceso é libre ata completar cabida.

Detalles

Fecha:
29 de noviembre, 2018
Hora:
18:00
X