martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actividades polo Día de Europa

9 de mayo, 2018 - 12:30 - 20:00

Lugar: Praza Maior

O Concello, a través de Europe-Direct Lugo, o centro de información europea da entidade local, celebra este día con distintas actividades de caracter divulgativo para achegar a realidade europea á cidadanía.

As actividades arrincarán ás 12:30 horas cun acto institucional, que terá lugar diante do Concello, coa lectura do manifesto conmemorativo, así como o izado da bandeira europea e a interpretación do himno europeo.

Xa de tarde, dende as 18:00 ás 20:00 horas, baixo o lema Celebrando Europa, haberá unha programación especialmente dedicada aos nenos e nenas de Lugo, con diversos xogos e actividades infantís. Tamén se instalará un photocall e unha mesa informativa sobre os proxectos do Concello financiados con fondos europeos, especialmente a estratexia Edusi, denominada Muramiñae: da Muralla ao Miño, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Detalles

Fecha:
9 de mayo, 2018
Hora:
12:30 - 20:00
Categoría del Evento:
X