domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actividades polo día do Orgullo LGTBIQA+ en Lugo

28 de junio - 16:30

Actividades polo día do Orgullo LGTBIQA+ en Lugo

A Praza da Soidade acollerá o Día do Orgullo actividades para todas as idades en defensa dos dereitos LGTBIQA+

O martes, ás 16.30h, a Praza da Soidade acollerá dous talleres temáticos pola diversidade, concretamente un obradoiro de pintado decorativo de pedras coas cores do arco iris e outro de estampado téxtil para a elaboración de deseños e consignas contra a LGTBIFOBIA.

Ao remate dos talleres, terá lugar, na mesma praza, un conto teatralizado, a cargo de Caxoto, denominado ‘Planeta LGTBIQ’.

Xa ás 20.00 horas, o Concello participará, xunto ás asociacións de Lugo, Alas e Avante LGTB+, ademais de Agrocuir e Sete Outeiros, nunha manifestación pola igualdade e dignidade efectiva e real.

A manifestación, que sairá  desde a praza Horta do Seminario percorrerá Bispo Aguirre, Rolda da Muralla – ata a porta de San Fernando-, rúa San Fernando, Bolaño Ribadeneira, Quiroga Ballesteros e Praza da Soidade, onde se realizará a lectura dun manifesto.

Para finalizar o día, a partir das 21.00 h., organizarase na Praza da Soidade unha festa de pos de cores con sesión DJ.

Detalles

Fecha:
28 de junio
Hora:
16:30
Categoría del Evento:
X