martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Acto de celebración do Día da Terra

19 de abril, 2018 - 13:00

O director dos programas da TVG ‘Labranza’ e ‘O Agro’ intervirá como relator nunha sesión aberta que se desenvolverá no salón de actos do centro

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebrará este xoves 19 de abril un acto institucional conmemorativo da celebración do Día da Terra, unha sesión que se desenvolverá a partir das 13.00 horas, no salón de actos do centro universitario lugués, e no marco da que se tributará un recoñecemento público ao traballo realizado a prol do sector agroforestal e gandeiro de Galicia por Manuel Cruz Rodríguez.

O director dos programas da TVG ‘Labranza’ e ‘O Agro’ abrirá esta sesión relatorio inicial, ao que seguirán as intervencións do vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e do director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Tomás Cuesta.

A entrega dun certificado e placa conmemorativa a Manuel Cruz Rodríguez, en recoñecemento do labor en prol da difusión das actividades relacionadas cos sectores agrícola, gandeiro e forestal, servirá e colofón da celebración desta efeméride

Detalles

Fecha:
19 de abril, 2018
Hora:
13:00
Categoría del Evento:
X