Acto de presentación do colectivo Ollo
O colectivo Ollo, formado por fotoxornalistas, documentalistas, videógrafos, creadores visuais galegos e xestores culturais, nace co obxectivo de comprender e explicar a sociedade actual a través de historias de carácter social, antropolóxico e sociolóxico desde unha perspectiva documental.
A presentación pública de Ollo terá lugar no Vello Cárcere de Lugo o vindeiro 15 de decembro ás 20h, sendo o acceso libre.
No acto de presentación daranse a coñecer os proxectos nos que está inmerso actualmente o colectivo.
As figuras vinculadas ao fotoxornalismo que integran Ollo son Vanessa Casteleiro, Óscar Corral, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Óscar Pinal, Adra Pallón e Paula Quiroga.
Completan o equipo Sara García e Daniel Lázare no referente ao apartado de xestión cultural e Sabela Eiriz colabora nas tarefas de edición e curadoría.
O fin principal do colectivo é xerar reflexión na poboación ante as diversas problemáticas sociais e medioambientais ás que se enfronta a actual sociedade a través da linguaxe da imaxe e da narrativa audiovisual. Para acadar este fin o proxecto colaborativo apóiase na creación de proxectos culturais, na oferta formativa e no desenvolvemento de proxectos editoriais e comerciais.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte