
- Este evento ha pasado.
Actos polo «Día do Maior» en Lugo
19 de diciembre, 2019

Actividades culturais e un xantar de Nadal centran os actos da concellaría de Benestar para o Día das Persoas Maiores
Programación
Os actos darán comezo ás 11:30h da maña no Vello Cárcere con visitas guiadas cun aforo limitado a 140 persoas.
De 12:30 a 13:15 horas, o Mago Rafa realizará un espectáculo de maxia na mesma ubicación e como colofón final á xornada de mañá actuará a Coral Xeada.
Despois, ás 14:00h terá lugar o xantar de Nadal no soto da Praza de Abastos, e a partires das 16:00h darán comezo as actividades previstas para a xornada de tarde, coas actuacións de grupos musicais diversos, o grupo de pandereteiras da Escola Municipal de Música e o espectáculo de narración oral e humor de Lois Pérez