sábado, octubre 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actos polo XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

30 de noviembre, 2019

Dentro dos actos organizador pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua co gallo do XIX aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade:

O sábado 30, o día do XIX aniversario, o fotomatón gratuíto “A Muralla e Ti”, estará instalado na praza Maior de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. A partir das 13 horas, a Banda Filharmónica Infantil realizará un concerto diante da Mosqueira que, en caso de choiva, será trasladado ao patio do Vello Cárcere. A xornada rematará co concerto de Solo Voces, “Que o Camiño nos leve a atoparnos”, ás 19:30 horas no patio do Vello Cárcere.

O martes, 3 de decembro, no Auditorio do Vello Cárcere onde, a partir das 19 horas terá lugar a mesa redonda “Implicación das institucións na consecución do recoñecemento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade”, moderada por Rubén Arroxo, e que contará con Branca Rodríguez Pazos e Cándido López Castiñeira. Ás 20 horas, Adolfo de Abel Vilela impartirá unha conferencia baixo o título “O dilema histórico da importancia da Muralla como monumento”.

Detalles

Fecha:
30 de noviembre, 2019
Categoría del Evento:
X