
- Este evento ha pasado.
Álvaro Iglesias Trío en concerto
26 de noviembre, 2021 - 20:00

O contrabaixista Álvaro Iglesias ofrecerá un concerto este venres 26 ás 20h no salón de actos da Deputación de Lugo.
O espectáculo leva o nome de “Alma”, título do primeiro traballo discográfico en solitario deste recoñecido contrabaixista galego.
Interpretará co seu instrumento pezas de música tradicional, nunha proposta única que o distingue por facer melodías celtas cun contrabaixo, temas de autor tradicional e temas de composición propios, todos eles arranxados e producidos por el mesmo.
No concerto estará acompañado por Xosé Liz, coa guitarra acústica, frauta e bouzouki, e por Luis Peixoto, coa bandolina, bouzouki e zanfona.