2 C
Lugo
Mié, 24 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Amnistía Internacional Lugo – «Israel: Derruben o apartheid!»

9 de mayo, 2023 - 20:00

Amnistía Internacional Lugo – «Israel: Derruben o apartheid!»

O martes 9 de maio desde as 18 h Amnistía Internacional Lugo estará na Praza Maior de Lugo para, baixo o lema DERRUBEN O APARTHEID, denunciar a situación de apartheid á que se ve sometida a poboación palestina por parte de Israel.
Durante o acto, coa axuda do ilustrador e deseñador gráfico Iván Mouronte (I. Mouronte B.) levantaremos un muro como símbolo da situación de opresión á que se ve sometida a diario a poboación palestina de Israel e os Territorios Ocupados, para posteriormente proceder a derrubalo.
O 1 de febreiro de 2022, Amnistía Internacional publicou un informe no que se explica que Israel aplica un sistema institucionalizado de opresión e dominación contra a poboación palestina. Nel expoñíase que as leis, políticas e prácticas israelís concibíanse co obxectivo primordial de manter unha maioría demográfica xudía e de maximizar o control da terra e os recursos para beneficiar á poboación israelí xudía en detrimento do pobo palestino.
Desde que a organización lanzase unha gran campaña contra o apartheid hai un ano, as forzas israelís mataron a case 220 persoas palestinas, 35 delas só en xaneiro de 2023. Os homicidios ilexítimos contribúen a manter o sistema de apartheid de Israel e constitúen crimes de lesa humanidade, do mesmo xeito que outras violacións graves e continuas de dereitos humanos por parte das autoridades israelís, como son a detención administrativa e os traslados forzosos.
Pero son os desaloxos e as demolicións de vivendas palestinas a manifestación máis patente do apartheid, por iso durante o acto teremos a disposición das persoas que desexen colaborar tarxetas postais para enviar á Embaixada de Israel en España pedindo que derruben o apartheid, non as vivendas palestinas

Detalles

Fecha:
9 de mayo, 2023
Hora:
20:00
Categoría del Evento: