«Anacos» con Carlos Rebolo contador de historias
22 de Marzo, 20:00 – Biblioteca Pública de Lugo – Entrada de balde
As lembranzas van aparecendo nas nosas vidas sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde, calquera tarde, nos invade e nos convida a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromado imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados.
Cando estamos en soidade adoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma.
Cando estamos en compañía tratamos de reconstruílos con palabras para compartir as historias que se gardan neses anacos.
Para conmemorar o Día da Narración Oral
Público adulto
Duración: 50 minutos
Salón de actos
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte