
- Este evento ha pasado.
Andaina identificativa de aves
23 de julio - 10:00

Andaina identificativa de aves a través da observación e dos seus cantos
Sábado 23 de xullo de 10 a 13h en Coeses, Lugo
Achegarémonos a Coeses, para facer unha iniciación na identificación de aves. Aprenderemos algunhas características das aves habituais deste tipo de hábitats, como son o cirrio, a pimpina, ou o reiseñor bastardo. Tamén aprenderemos a recoñecelas a través do seu canto, agardemos escoitar as variadas
melodias da Folosa amarela (Hippolais polyglotta) e da papuxa das amoras.
Será Roi Cuba, presidente de ADEGA quen nos guiará nesta andaina. Recoméndase levar uns prismáticos e guías de identificación de aves.
De balde pero é preciso inscribirse chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal indicando nome, apelidos, DI e teléfono de contacto.