viernes, julio 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Andaina: A muralla de Lugo: patrimonio da humanidade e fogar dos vencellos

4 de agosto, 2018 - 11:00 - 14:00

ca

A construción da muralla romana introduciu cambios na fisionomía da cidade antiga. Algúns edificios quedaron cortados polo seu trazado, como sucedeu coa Domus do Mitreo, punto de partida da andaina. Ao longo do percorrido, poderanse observar os cambios urbanísticos que se produciron na contorna da muralla nestes últimos anos, as intervencións arqueolóxicas ligadas á súa conservación e os novos modos de integrar o patrimonio natural no patrimonio
cultural, porque os vencellos aniñan entre as súas pedras e son parte da mesma paisaxe.

Cos camiñantes convidados Celso Rodríguez Cao, arqueólogo especialista na muralla, José Pastor Ferreiros Carreira, arquitecto do servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial de Lugo e Gustavo Ferreiro, membro da Sociedad Española de Ornitología.

Distancia: 2,266 km
Dificultade: baixa
Itinerario: comezaremos o itinerario na Domus do Mitreo e percorreremos integramente a muralla.
Punto de encontro: Porta de Santiago, Domus do Mitreo. Praza Pío XII, 4, Lugo.

Promove: Monumenta Galicia 2018

80 prazas por orde de inscrición

Detalles

Fecha:
4 de agosto, 2018
Hora:
11:00 - 14:00
Categoría del Evento:
X