jueves, agosto 18, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Andaina nocturna e observación de estrelas

26 de agosto - 23:00

Andaina nocturna e observación de estrelas

Venres 26 de agosto de 23 a 2h en Guldriz, Friol

Este ano acudiremos ata Friol para observar o ceo nocturno na finca Rego Salgueiro, na parroquia de Guldriz. Esta finca acaba de ser cedida por unha socia a ADEGA na que se atopa a mámoa da necrópole Costa de Mera, que segundo a Asociación Patrimonio dos Ancares, é única na Galiza, pois conta cun gravado dun sol no dólmen.

Nun pequeno percorrido nocturno, chegaremos ata a medorra, onde poderemos observar o ceo e as estrelas sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA, guiaranos un ano máis nesta actividade astronómica.

De balde pero é preciso inscribirse chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal indicando nome, apelidos, DI e teléfono de contacto.

Detalles

Fecha:
26 de agosto
Hora:
23:00
Categoría del Evento:
X