sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Apertura de expo de fotos da Asociación Raiolas-Lugo

7 de mayo, 2018 - 19:30

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC exhibirá a partir do luns 7 de maio unha mostra de fotografías realizadas por usuarios da Asociación Raiolas-Lugo e na que se compilan diversas imaxes da vida cotiá e doutros momentos significativos de persoas con trastorno de espectro autista (TEA), a través das que se pretende amosar a beleza da diversidade.

O decano da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, Francisco Rodríguez Lestegás, e a directora da Asociación Raiolas-Lugo, Iria Abel, presidirán o acto e apertura da exposición, que recala no centro universitario lugués logo de permanecer exposta ao público durante o mes de abril na Biblioteca Provincial de Lugo.

A instalación desta mostra fotográfica na Facultade de Formación do Profesorado é unha proba máis da colaboración que mantén desde hai anos coa Asociación Raiolas-Lugo, onde o alumnado dos graos en mestra ou mestre de Educación Infantil e Educación Primaria desenvolve prácticas durante o seu período de formación académica.

Facultade de Formación do Profesorado de Lugo

Detalles

Fecha:
7 de mayo, 2018
Hora:
19:30
Categoría del Evento:
X