lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

BBcircus

13 de mayo, 2018 - 18:30

Compañía: Asacocirco
Duración: 50 minutos
Idades recomendadas de 0 a 6 anos.
Asacocirco chega cunha aposta diferente no panorama de espectáculos dirixidos ao público infantil. Unha aposta teatral baseada nas artes circenses e presentada agarimosamente aos máis pequenos. Moitos estímulos cunha linguaxe simple, outro sentido do ritmo e tempo con música ao vivo e moitas sorpresas.
A proposta parte dunha escenografía onde se mesturan a natureza con cores moi vivas. E coa luz negra de repente todo cambia a outra ambientación onírica onde se destacan elementos novos e sorprendentes. É un espectáculo dirixido ao público familiar onde os pais e os máis adultos quedarán tamén encantados.

Promove: Concellaría de Cultura, en colaboración con Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais) e do programa Apego para o fomento da lingua galega entre os pequenos e pequeñas, co fin de crear “un espazo de lecer onde poidan gozar os nenos e nenas cos seus pais e nais”.

O importe das entradas é de 5€ para os adultos e de 2,5€ para os nenos e nenas. Venderanse a través da web entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no auditorio, desde unha hora e media antes das actuacións.

Detalles

Fecha:
13 de mayo, 2018
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 24 44 05
X