lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cabalgata de Reis en Lugo

4 de enero, 2021 - 5 de enero, 2021

Cabalgata de Reis en Lugo

Os Magos chegarán na mañá do martes 5, e entre as 11 e as 14 horas recibirán ás nenas e nenos que se acheguen á praza Horta do Seminario. Na xornada da tarde, entre as 17 e as 20 horas, poderanse visitar no recinto habilitado na praza de Augas Férreas. “Este ano a cabalgata será distinta, sen carrozas nin caramelos, mais desde a área de Cultura traballamos permitir que todas as nenas e nenos de Lugo puideran saudar aos Magos dun xeito seguro”, afirmou a edil de Cultura Maite Ferreiro.

Ademáis:

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os espectáculos previos á cabalgata de Reis, que terán lugar os vindeiros días 4 e 5 nas prazas Horta do Seminario e Augas Férreas. «Desde a área de Cultura propoñemos estas dúas actividades culturais, deseñadas para celebrar a chegada dos Magos a Lugo, e tendo en conta as restricións ditadas polas autoridades sanitarias», declarou Maite Ferreiro, que engadiu “todas as zonas da cidade albergan actividadesd e cara á chegada dos reis”.

A primeira actividade, chamada Cartas de ilusión, é un espectáculo de gran formato co que se recreará o lugar onde se centralizan as cartas que as nenas e nenos lucenses escriben aos Magos de Oriente. As Carteiras e Carteiros Reais son quen reciben milleiros de cartas cada ano, son quen as ordenan e clasifican para facerllas chegar aos Magos.

Este ano poderemos ver como traballan nunha oficina postal máxica, enchendo de vida esta oficina que poderá ser visitada por todas as veciñas e veciños de Lugo os días 4 e 5 de xaneiro para deixar no buzón real as cartas cos seus maiores desexos.

O segundo espectáculo titúlase Notas do Nadal, e trátase dun espectáculo coa música e o baile como protagonistas que estará protagonizado por tres intérpretes e bailaríns. Tradicionalmente, a chegada dos Reis celebrábase na Galiza cantando e tocando. Grupos de mozas e mozos percorrían as aldeas con gaitas, pandeireitas e cantigas pedindo un agasallo

Neste espectáculo poderemos desfrutar das músicas e cantigas dos Cantos de Reis, que foron pasando de xeración a xeración durante séculos. Desa tradición xorde Notas de Nadal para encher de cor e alegría as xornadas do 4 e 5 de xaneiro.

Nas carpas de Augas Férreas e Horta do Seminario, de 11 a 14 e de 17 a 20

Detalles

Comienza:
4 de enero, 2021
Finaliza:
5 de enero, 2021
Categoría del Evento:
X