
- Este evento ha pasado.
Cabalgata de Reis Magos en Lugo
5 de enero, 2019 - 18:00 - 20:30

Inicio: 18:00 horas do Parque da Milagrosa.
Recorrido: as Maxestades de Oriente, subidas en distintas carrozas inspiradas nos contos de Disney (4 carrozas, as das tres Maxestades de Oriente e unha de chuches e paxes) percorrerán a rúa Monte Faro, Avenida da Coruña, Porta de San Fernando, Praza de Ferrol, rúa Bolaño Rivadeneira, rúa Quiroga Ballesteros, Prazo de Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior.
Tamén participarán a Asociación Corazóns Artesáns e Somos Unidos por el Cáncer, grupos de música tradicional de Lugo e personaxes fantásticos
Chegada: está prevista a partir das 19:15 horas
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, será a encargada de dar a benvida aos Reis Magos na súa chegada á cidade, diante da Casa Consistorial, onde haberá algunha actividade sorpresa.
Posteriormente, as Maxestades de Oriente saudarán aos presentes dende o balcón, e posteriormente atenderán un por un aos pequenos e pequenas que queiran transladarlles as súas peticións.
Os Festicultores pecharán esta xornada lúdica e festiva, especialmente dirixida aos cativos e cativas, na que tamén haberá animación con diversos personaxes fantásticos.
ATENCIÓN: SE CHOVE IRÁN EN AUTOBÚS ATA O PABELLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES ONDE REALIZARÁN A RECEPCIÓN