viernes, septiembre 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cata literaria no MIHL de Lugo con María Solar

14 de marzo, 2019 - 20:00

Catas literarias en Lugo
  • A seguinte cita destas Catas Literarias, que engloba literatura, degustación de tapas e música, terá o 2 de maio con Marta Robles
  • As entradas para participar nesta actividade poranse á venda o mesmo día que se celebre cada cata literaria, nas propias instalacións do MIHL, por un prezo de 1 euro
  • Trátase dunha actividade que engloba literatura, con degustación de tapas da gastronomía lucense e música. A maiores, en todos os encontros, hai degustación a cargo de Bodegas Regina Viarium.

A cita con María Solar terán lugar o 14 de marzo  tamén ás 20:00 horas, nas instalacións do MIHL. María Solar, escritora e coordinadora de cultura da Televisión de Galicia e da Radio Galega; encargada de presentar e dirixir o programa cultural ZigZag fin de semana na TVG. A literatura é a súa outra pasión xunto ao periodismo. As súas novelas teñen como público destinatario tanto a adultos como o de todas as idades. A súa obra, escrita orixinalmente en galego, pódese ler tamén en castelán e catalán, e foi traducida internacionalmente ao polaco, agardando ser traducida ao italiano, portugués, chino e filipino.

As entradas para participar nesta actividade poranse á venda o mesmo día que se celebre cada cata literaria nas propias instalacións do MIHL, por un prezo de 1 euro. O número de participantes é limitado a 90 persoas.

Detalles

Fecha:
14 de marzo, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

MIHL
Av Infanta Elena, s/n
Lugo,
Teléfono:
982 29 74 46
X