
- Este evento ha pasado.
Cata Literaria no MIHL de Lugo con Marta Robles
2 de mayo, 2019 - 20:00

- As entradas para participar nesta actividade poranse á venda o mesmo día que se celebre cada cata literaria, nas propias instalacións do MIHL, por un prezo de 1 euro
- Trátase dunha actividade que engloba literatura, con degustación de tapas da gastronomía lucense e música. A maiores, en todos os encontros, hai degustación a cargo de Bodegas Regina Viarium.
A terceira e última cita estará dirixida por Marta Robles, licenciada en Ciencias da información, con máis de 30 anos exercendo a súa profesión en todo tipo de medios. Comezou a súa carreira na revista Tiempo e dende aquelas colabora en distintas publicacións. En televisión traballou en Canal 10, TVE, Tele 5, Antena 3 e Telemadrid, entre outras, e en radio dirixiu e presentou programas en Radio Intercontinental, Cadena Ser, Onda Cero ou EFE Radio. Autora de 7 libros de no ficción, actualmente colabora en La Razón, La Gaceta de Salamanca ou Espejos Público, entre outros.
As entradas para participar nesta actividade poranse á venda o mesmo día que se celebre cada cata literaria nas propias instalacións do MIHL, por un prezo de 1 euro. O número de participantes é limitado a 90 persoas.