
- Este evento ha pasado.
Celebración 10º Aniversario de Masa Crítica Lugo
9 de junio, 2018 - 12:00 - 16:00

A Masa Crítica de Lugo vaise facendo maior, cumpriu 10 aniños!!!
E para celebralo como se merece, o vindeiro SÁBADO 9 DE XUÑO hai convocada unha MASA CRÍTICA MASIVA POLA CIDADE con saída ás 12:00hs desde a Pza Maior (diante da Casa do Concello).
Despois, ás 14:00hs, haberá un XANTAR COMUNITARIO nas costas do Parque de Rosalía. Trae o que queiras para compartir. En caso de chuvia, o xantar será a cuberto. Durante o mesmo haberá haberá música ao vivo. Se tocas algún instrumento, lévao.
Non faltarán a música, alegría, reivindicación e boa xente bicicleteira. Ven coa familia!!!
A Masa Crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudábel e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación.