
- Este evento ha pasado.
Charla con Jesus Suarez Lopez – «Ver sen límites»
3 de diciembre, 2021 - 16:00

Informático, seareiro do Dépor, cantante e compositor da banda Mar de fondo (mesmo lles compuxo un himno que se volveu viral ao equipo e á cidade dos seus amores), e creador do Proxecto Escoita, que permite ás persoas con discapacidade visual ter acceso a unha audio-descrición en tempo real dos eventos deportivos. Este proxecto acaba de gañar o Premio ao mellor proxecto TIC con beneficios sociais, premio impulsado por AMTEGA (A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).
Lendo esta información sobre Jesús Suárez, alén da determinación e a enerxía que desprende ao falar, está claro que para el, non hai límites.
O vindeiro venres 3 de decembro ás 16:00 na biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Lugo (Rolda Músico Xosé Castiñeira, 1, 27002 Lugo) e teremos a sorte de escoitarlle falar da súa experiencia vital, de como encaixou os reveses da vida e os empregou para desenvolver moitas outras capacidades, para romper medos e barreiras e superarse día a día.
Como dixo nunha entrevista, tanto a canción que lle compuxo ao Dépor coma o Proxecto Escoita, naceron da rabia interna; así que “da rabia pode saír algo bonito”.
O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, pero con exemplos coma o de Jesús, está claro que o prefixo é erróneo. Con loitadores e loitadoras así, é o Día das Persoas con Súpercapacidades.
Recordade que é imprescindible anotarse vindo á biblioteca ou enviándonos un e-mail a eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal