
- Este evento ha pasado.
Charla de Juan de Dios Román: O deporte como formación e valores
26 de abril, 2018 - 19:30

O Pazo de San Marcos acolle este xoves unha conferencia de Juan de Dios Román, promovida polo Goberno da Deputación e enmárcase nun ciclo de actividades en homenaxe a Juan de Dios Román, organizado pola Peña Atlética Lucense, en colaboración co CP Lucense e o Club Verxel Nutrición Deportiva.
Estará acompañado na mesa por Cecilio Alonso, Pablo Permuy e Bernardino Lombao.
Entrada de balde.
Juan de Dios Román (Mérida, 1942) é un dos adestradores máis laureados do mundo do balonmán. Durante a súa etapa como adestrador, conseguiu dúas medallas de prata nos Campionatos Europeos de España (1996) e Italia (1998); así como tres bronces no Europeo de Croacia (2000) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) e Sydney (2000). A nivel de clubs, destaca a súa traxectoria no Atlético de Madrid, co que conquistou catro títulos de Copa do Rei. Tamén como adestrador do BM Ciudad Real logrou numerosos títulos, deixando unha gran pegada. A isto súmanse as medallas conquistadas polos diferentes combinados durante a súa etapa á fronte da Real Federación Española de Balonmán entre 2008 e 2013.