
- Este evento ha pasado.
Charla – Debate outras economías na Galiza
24 de mayo - 20:00

Charla – Debate outras economías na Galiza
O banco de Tempo de Lugo (BdT), con dez anos en marcha na cidade e no
rural e con case un centenar de persoas adscritas, organiza unha xornada
de debate o Martes 24 ás 20 horas, no Centro Social Autoxestionado A
Hedreira.
O BdT é unha rede de troco de produtos e servizos. As integrantes do
Banco intercambian produtos de todo tipo: alimentación, artesanía,
produtos do fogar, roupa, etc; así como moi variados servizos: labores
agrícolas, forestais, arranxos eléctricos e de fontanería, electrónica,
axuda administrativa, coidados, etc.
Con esta actividade o BdT quere dar a coñecer outras iniciativas cunha
filosofía similar á delas, onde a economía está ao servizo das persoas,
a través de redes de intercambio local, moedas complementarias e grupos
de axuda mutua.
A actividade consistirá nunha charla-debate na que intervirán
integrantes dos seguintes colectivos:
– As Toupas (colectivo de axuda mutua no rural).
– Banco de Tempo de Lugo (rede de troco de produtos e servizos).
– A Sabia (moeda social galega).
– Ğ1 Moneda Libre (criptomoeda social).
CSA A Hedreira en Rúa Catasol, baixo nº 17 (Lugo).