miércoles, mayo 25, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla feminista sobre a diversidade sexual

25 de enero - 19:30

Charla feminista sobre a diversidade sexual

A palestra contará coa participación da secretaria confederal de mulleres da CIG, Nicolasa Castro e co responsábel do grupo de traballo LGBT do BNG, Neal Baxter
Maite Ferreiro presentará a charla, que terá lugar no Centro Social Uxío Novoneira o vindeiro martes 25 ás 19:30

Nicolasa Castro é profesora de lingua e literatura galega, nos últimos anos liberada na CIG Ensino e desde hai 5 anos formo parte da Executiva confederal da CIG. É responsábel da Secretaría das mulleres desde o último congreso da CIG en outubro de 2021.
Participa na Marcha Mundial das Mulleres en Ferrol e desde o inicio de galegas 8M colabora na organización do 8 M desde esta plataforma do feminismo galego.
Robert Neal Baxter (Shrewsbury, 1966) é lingüista e tradutor especializado nas linguas galega e bretoa. Doutorado en Tradución pola Universidade de Vigo no ano 2003, onde contiúa dando clases de interpretación. Integrante do Consello Nacional do BNG, representando á comarca de Compostela. Actualmente, é responsábel do grupo de traballo LGBT do BNG.

Detalles

Fecha:
25 de enero
Hora:
19:30
Categoría del Evento:
X