sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla: o Caso Scala, terrorismo de estado

25 de abril, 2019 - 20:00

casoscala

Acércase o 1º de Maio, día da clase traballadora, e queremos rememorar o Caso Scala: a principal montaxe policial en 1978 para frear a auxe do movemento libertario e o sindicalismo contestario no estado español durante os primeiros anos da «transición».

En 1978 acusouse a 3 anarquistas de entre 17 e 20 anos de provocar o incendio na sala de festas Scala de Barcelona, incendio que provocou a morte de 4 traballadores, varios deles afiliados á CNT. Posteriormente demostrouse que todo fora unha montaxe da policía coa participación estelar do famoso confidente Joaquín Gambín, alias o «Grillo».

O poñente é Pepín Cuevas, un dos 3 condenados a 17 anos de prisión dentro desta montaxe.

Esta charla é parte do segundo ciclo de xornadas de Lugo Sen Mordazas. Máis info sobre as xornadas na nosa web https://lugosenmordazas.noblogs.org/ii-ciclo-xornadas-lsm/

Detalles

Fecha:
25 de abril, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:
X