sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla sobre desaparicións, trata e feminicios e México

7 de junio, 2018 - 20:00

O grupo de Lugo de Amnistía Internacional organiza unha charla sobre Desaparicións, trata e feminicidios e México  que correrá a cargo de Aleida Quintan e Fernando Valadez.

Aleida Quintana é antropóloga social e defensora dos dereitos humanos de México, fundadora deT ́ek ́ei Grupo Interdisciplinario por la Equidad, organización que dá acompañamento a familias de persoas desaparecidas, vítimas de trata con fins de explotación sexual, traballo forzado, sicariato, mendicidade, traballo doméstico, matrimonio forzado e feminicidios no estado de Querétaro.Fernando Valadez, tamén antropólogo, uniuse á dita organización en 2014.

Coa súa labor, contribuíron ao rescate de nenas, nenos, adolescentes, mulleres e homes que foran desaparecidos coa finalidade de explotalos baixo algunha modalidade de trata, poñendo de relevo a vinculación existente entre servidores públicos de primeiro nivel cos cárteles do narcotráfico e grupos criminais.

Como consecuencia das constantes agresións e ameazas víronse obrigados a saír de México, atopándose actualmente acollidos no Programa de Protección Temporal de Defensoras e Defensores de Dereitos Humanos en Perigo da Sección española de Amnistía Internacional.

Detalles

Fecha:
7 de junio, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X