
- Este evento ha pasado.
Charla: xuventude, amor e sexualidade
27 de marzo, 2019 - 19:00

Charla: xuventude, amor e sexualidade
O vindeiro mércores 27 de marzo, no Vello Cárcere de 19:00 a 21:00 horas, a área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo organiza unha mesa redonda sobre relacións interpesoais afectivas na xuventude.
«Falaremos de temas referidos a relacións que gardan hoxe en día os máis novos, centrándonos na sexualidade, o sexo e a violencia. Para isto contaremos ca participación de Cristina Palacios (Asociación ARELAS Lugo), Marta Rodríguez (da asociación SI HAI SAÍDA), Pilar Porral (consultora, periodista e docente especializada en mulleres e homes), e con Jeane Costa (Sexóloga e educadora) a mesa estará moderada pola Concelleira Carmen Basadre e contará con testemuños en primeira persoa»