sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

CHOCOLATADA XUSTA

11 de diciembre, 2018 - 17:30 - 20:00

Lugar: Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros (Lugo).

Lugo acolle unha chocolatada a favor do consumo responsable

O 11 de decembro, o Mercado Municipal da cidade será o escenario da III Chocolatada Xusta organizada polo Mercado da Terra e a iniciativa Lugo Xusta

Será unha xornada de sensibilización dirixida a todos os públicos que busca poñer o foco na necesidade de consumir xusta e responsablemente, tamén, durante as datas de Nadal

As persoas que asistan poderán desfrutar dun chocolate de Comercio Xusto acompañado dun anaco de biscoito elaborado, tamén, con produtos ecolóxicos e de comercio xusto. Antes, e para poder degustalo, deberán participar nunha xincana para todas as idades na que se reflexionará sobre o proceso de produción e comercialización dos produtos que consumimos a diario.

Ademais da xincana, tamén haberá un espazo de circo e unha actuación musical. A Chocolatada pecharase co sorteo dunha cesta de produtos de Comercio Xusto, ecolóxico e de proximidade, similares aos que estarán á venda toda a tarde en distintos postos. As rifas poderán adquirise por 1 euro a partir do 4 de decembro no Mercado da Terra e nos establecementos de entidades adheridas á Campaña Lugo Xusta.

Programa
17:30h Apertura. Postos de venda e xincana con Chocolatada Xusta
18:00h Show ‘Circo Improvisto’ por parte de Duende Circo
19:00h Actuación dos Amigos do Caldeiro cos seus Cantos de Taberna
19:45h Sorteo dunha cesta de produtos de Comercio Xusto

Organizan
Mercado da Terra é un Mercado de produtos ecolóxicos e locais organizado dende hai seis anos pola asociación de consumidoras O Bandullo Ecolóxico. Celébrase todos os martes de 17 a 20h no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros e pretende ser un encontro entre produtoras e consumidoras.

Lugo Xusta é un grupo de traballo cidadá composto por persoas e polas entidades Asemblea de Cooperación pola Paz, Bico de Grao, Mans Unidas, Solidaridade Internacional de Galicia e Taller de Solidaridad. O seu obxectivo principal é converter Lugo nunha cidade polo comercio xusto, para o que dende 2014 realiza diferentes actividades de sensibilización. As entidades adheridas a esta campaña colaboraron coa organizacion.

Coordinadora Galega de ONGD. Entidade formada por 46 ONG de Desenvolvemento que traballa para acadar a xustiza social e o fin das desigualdades globais.

Detalles

Fecha:
11 de diciembre, 2018
Hora:
17:30 - 20:00
Categoría del Evento:
X