A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC acolle do 23 ao 27 de novembro o ciclo de conferencias ‘Ciencia, innovación e educación en feminino’, un programa de divulgación impulsado desde a Comisión de Igualdade de Xénero do centro universitario lugués.
programa destas xornadas, de acceso libre e de balde previa inscrición en liña, comeza
o xoves 23, a partir das 10.00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias, co
relatorio ‘Somos o que comemos, pero tamén o que comen as nosas bacterias’, a cargo
da investigadora do Instituto de Agroquímica e Tecnoloxía de Alimentos (IATA-CSIC)
María Carmen Collado Amores.
A investigadora e profesora asociada no Centro de Enxeñaría Biolóxica da Universidade
de Minho (Braga) Joana Azeredo dará continuidade a este ciclo o venres 24, ás 10.00
horas, coa charla ‘Bacteriógrafos como unha nova ferramenta biotecnolóxica’.
A tamén docente e investigadora na Universidade Católica de Ávila Rosario Pastor Martín, pechará o luns 27, tamén ás 10.00 horas, o ciclo coa conferencia ‘A dieta como ferramenta do sistema nacional de saúde’.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte