
- Este evento ha pasado.
Ciclo de Xornadas LSM: tecendo comunidade e alternativas
1 de diciembre, 2018

I Xornadas: Tecendo comunidade: alternativas e loita social fronte á represión e privatización
Lugar: Casa Sindical, Ronda da Muralla 58
Programación Sábado 1 de decembro
▪️ 11:00h: Recepción de asistentes e presentación da xornada
▪️ 11:15h: Conferencia: Novos dispositivos de vixianza para a represión
Poñente: Fran Pérez (corresponsal en Galiza de KaosEnLaRed)
O desenvolvemento tecnolóxico ao servizo dos poderes fácticos permite deseñar dispositivos de vixianza cada vez máis capacitados para aplicar políticas de represión e previr que a sociedade exerza un contrapoder efectivo. Aportarase unha visión xeral sobre os sistemas de control social que están comezando a aplicarse dentro e fóra do Estado español.
▪️ 12:15h: Documental: El peso de la manta
Otoxo Productions
Sinopse: Nas rúas de Barcelona os inmigrantes máis visibles pero invisibles de tod@s loitan por sobrevivir a través da venda ilegal na rúa. Vítimas do racismo implacable, perseguidas pola policía e silencios@s e silenciad@s durante moitos anos, finalmente atoparon unha voz e crearon un sindicato. Duración 35 minutos. Ver trailer: https://vimeo.com/164586138
12:50h: Descanso
▪️ 13:15h: Conferencia: O paradigma inmigrante e a revolución transfeminista
Laura Bugalho (activista)
Todas somos inmigrantes. Somos inmigrantes no Patriarcado, no Capitalismo, no Colonialismo e en tantos outros sistemas que nos oprimen. O Transfeminismo con alicerces nas xenealoxías feministas implica a suma de todas as loitas antes parcializadas.
14:30h: Xantar vegano no Vagalume C.S.-C.A (Rúa das Nóreas, 5)
▪️ 17:00h: Conferencia: Recuperemos o espazo público. Experiencias de traballo contra a ordenanza cívica
Andrés Barrio (Logroño Cívico)
Farase un repaso da evolución da Ordenanza Cívica do Concello de Logroño desde a súa aprobación en 2010 ata a súa modificación neste 2018, así como da oposición social que esta recibiu. Esta actividade non se encadra só nunha oposición á Ordenanza, senón en diferentes actuación para facilitar e reducir as esixencias para o uso do dominio público e a modificación das ordenanzas do uso deste.
18:00h: Descanso
▪️ 18:15h: Mesa redonda: Cultura, deporte e arte urbán
O modelo urbano contemporáneo é o berce no que aniñan subculturas vencelladas á cidade, propiciando a aparición de prácticas sociais e modos de vida que se están a ver delimitados e reprimidos pola privatización do espazo público.
Participan:
Saúl (skater)
Falará en primeira persoa da necesidade dun skatepark novo en Lugo, da participación das propias persoas que practican esta disciplina na súa construción e como as “ordenanzas mordazas” atacan o uso do skate nas rúas.
Kali A.K.A. La Negra (rap)
O Hip-Hop é cultura. Centrada máis no elemento do rap, considera que o “rap de calle ou de barrio” debe ser un medio de difusión das vidas precarias, con conciencia anticapitalista e sentido de clase.
Pablo (parkour)
Reivindicación do parkour no espazo urbano como un deporte e unha forma de expresión urbana.
19:30h: Peche da xornadas
▪️ 21:00h: Pechamos as xornadas polo alto, con tres concertos de músic@s da nosa cidade. Serán de balde e terán lugar no Vagalume C.S.-C.A (Rúa das Nóreas, 5).
– Kali A.K.A. La Negra e Volk GZ. Rap incisivo e de temática social. O escenario como plataforma de combate.
– Filophóbicas. Grupo de rock social galego. Ao vocalista deste grupo lucense debémoslle o noso “himno oficial”.