jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ciclo de Xornadas LSM: tecendo comunidade e alternativas

24 de noviembre, 2018

I Xornadas: Tecendo comunidade: alternativas e loita social fronte á represión e privatización

Lugar: Casa Sindical, Ronda da Muralla 58

Os sábados 24 de Novembro e 1 de Decembro terá lugar o primeiro ciclo de xornadas de Lugo Sen Mordazas, un espazo de debate e reflexión onde se abordarán diferentes cuestións que xirarán ao redor de que modelo de cidade queremos construír, partindo da necesidade de tecer un novo modelo de comunidade a través da transformación social.

Programación Sábado 24 de novembro

▪️ 11:00h – Recepción de participantes e presentación das xornadas.

▪️ 11:30h – Conferencia: Governar a través do medo
Poñente: Jacobo Teijelo (Avogado Penalista)

Jacobo Teijelo, avogado penalista, con 30 anos de exercicio da profesión que lle permitiron coñecer todas as caras do uso da forza polo Estado. Falará sobre os instrumentos de poder do Estado, neste caso o Concello, para amordazar á cidadanía, na liña doutros patróns de persecución estatal.

12:45h: Descanso

▪️ 13:00h: Mesa redonda: As principais vítimas das mordazas: grupos en exclusión social

Existen colectivos de persoas que sofren especialmente as precarias condicións da vida, sumado á estigmatización por parte dalgúns sectores da sociedade e o esquecemento ou incluso a represión por parte das administracións.

Participan:
– Uxía Amigo, con experiencia acompañando a persoas sen fogar en Compostela

Unha visión máis alá do económico e de xénero da pobreza. Intervención sobre o “sen fogarismo” e como afectan as ordenanzas municipais ás persoas en situación de exclusión residencial.

– Diego Lores, da ODS Coia e Baladre en Vigo

As formas de control, e tamén de castigo de gran parte da sociedade, pasan por deixarnos sen os mínimos para unha vida digna: desemprego, axudas sociais, despexos… Son xeitos de reprimir a unha ampla parte da xente obrigada a malvivir no medio da riqueza dunhas poucas.

Fronte a isto, desde a ODS-Coia (Oficina de Dereitos Sociais de Coia, en Vigo) procuramos artellar dinámicas de apoio mutuo e de denuncia que nos sirvan para resistir á vez que imos dando pasos cara as vidas que desexamos.

– Fátima, veciña da Tinería, ofrece servizos sexuais e relata o proceso de xentrificación

Veciña que leva toda a vida entre o barrio da Tinería e o barrio do Carme e que relatará en primeira persoa como agora está sufrindo, ao igual que moitas outras, un proceso de xentrificación, onde se quere expulsar ás clases populares dos barrios en beneficio dunha nova elite económica afincada e que se cre en dominio do espazo.

– Modera: Rede Apoio Mutuo Lugo

Son moitas as inxustizas que @s de abaixo sufrimos sen que exista unha rede en Lugo que logre unificar forzas, fronte ás condicións precarias de vida e de abusos que sufrimos causa de diferentes tipos de opresións (laboral, racismo, clasismo, machismo, homofobia, etc.) Ante isto, a solución é a organización, colaboración e apoio mutuo por parte das persoas, tecendo lazos que logren rachar co status quo do día a día.

▪️ 14:30h – Xantar vegano. Porque para seguir as xornadas hai que cargar enerxías, trasladámonos dende a Casa Sindical ata o Vagalume C.S-C.A. (Rúa das Nóreas, 5) para comer e compartir (prezos populares).

▪️ 17:00h: Conferencia: Resistencia e autoxestión en barrio Altos, San Lourenzo (Arxentina)
Poñente: “La Gallega”, membro da ZAL (Zona Autónoma Liberada)

Fronte á miseria obrigada polo estado e os gobernos arxentinos, as vilas sobreviven rebuscándose a vida, cos seus códigos implícitos de apoio mutuo que se traducen en espazos culturais e sociais autoxestionados como a ZAL, un terreo liberado entre as cuadras do barrio Altos de San Lorenzo da cidade da Prata (Arxentina). Onde crear e recrear, un terreo por explorar e experimentar, en definitiva, unha zona que subsiste autoxestionadamente e asembleariamente.

18:00h: Descanso

▪️ 18:15h: Conferencia: A cidade fronte ao control urbano
Poñente: Ergosfera – Partidarios da cidade (A Coruña)

A representación política institucional parte dun consenso non explícito entorno á necesidade ou desexabilidade do control total sobre cada metro cadrado do territorio. A charla consistirá nun percorrido por algúns dos estudos realizados nos últimos anos sobre como as ferramentas urbanísticas e de “seguridade cidadá” afondan nesa idea de control á conta dos procesos urbanos considerados prescindibles ou directamente inimigos da normalidade ou da rendibilidade.

19:30h – Peche da xornada.

Detalles

Fecha:
24 de noviembre, 2018
Categoría del Evento:
X