lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ciclo Liberdades Sonoras: Marina Herlop en concerto

19 de enero, 2019 - 20:00

Ciclo Liberdades Sonoras: Marina Herlop

Volve o ciclo Liberdades Sonoras ao Vello Cárcere de Lugo, en colaboración con Cultura e Turismo de Lugo e CLAP Club Lúdico de Arte y Patafísica, destinado a amosar formas artísticas ao redor da exploración e do descubrimento.

Marina Herlop

Desde o seu primeiro traballo como compositora, Marina Herlop, pianista de formación clásica e delicada destreza, dedicouse a desmontar teorías e esnaquizar os límites da súa propia proposta. No seu último traballo, ‘Babasha’ (Aloud, 2018), a artista catalá suma ás súas peculiares composicións ao piano capas de electrónica brillante e sintetizadores, todo iso fiado por unha voz única e luminosa, máis atrevida e arriscada que nunca.

www.marinaherlop.com

Sábado 19 de xaneiro. Vello Cárcere de Lugo.
Portas 20:00, concerto 20:30.
Entrada libre ata completar capacidade.

Detalles

Fecha:
19 de enero, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X